conversa cunha gaita

articulos interesantes sobre a música

conversa cunha gaita

Estas conversas son froito do traballo que estou a realizar nos últimos anos .

E unha pequena reflexión sobre o bo entendemento entre gaitas, ou mesmo, con outros instrumentos.

Esta e a miña forma de aportar o meu pequeno grao de area,a música composta para gaita galega ,e asi poder amosar e dignificar a gaita coma instrumento.

"Conversa cunha gaita" e unha pequeña viaxe na imaxinación dun gaiteiro que con este traballo pretende que cada un dos músicos que o collan, reflexionen e interpreten a sua maneira, e como asi o sintan, cada unha destas pezas musicais , e asi rematen por entender que este sen duvida e un gran instrumento , e que asi nos faga sentir orgullosos del .

Aproveito ,para agradecer a oportunidade que me brinda a editorial "Dibay "con esta pequeña obra escrita gaiteira , e asi ampliar un pouco mais o arquiivo musical escrito para gaita , o mesmo que eu outros compañeiros dedicaron e dedicarán , moitos mais coñecementos e traballos .

Quero asi, mostrar o meu agradecemento a todas esas persoas que dunha maneira ou outra me axudaron a que este traballo chegue a ver a luz publica . a Ines Tilve Villanueva , compañeira nesta vida e propulsora de moitas das composicions de este cuaderno. A Xosé vilas , apaisoado da música ,e forofo da nosa cultura , e que tivo a deferencia de adicarme esta fermosa presentación. A "Sito " -"Dibay" o editor , por aportar a sua incondicional axuda e adicación a este traballo .

Quixera adicar este traballo a todos aqueles que me axudaron e axudan co meu traballo músico gaiteiril e como non ,que me motivan coma compositor.

Adicar especialmente a ; Dolores Soto Fuentes que e a culpable de que este modesto músico chegue a querer tanto a música, e sobre todo a gaita . a; familia Rodriguez Rosales , Rogelio Rodriguez , Xose vilas , sito, Picuiña, a todo meu alumnado , e a miña familia,e por se me esquezo de alguén ; a todo o mundo , sobre todo, a vós que dispoñedes deste traballo .

A todo o mundo moitas grazas.

El lugar correcto para el titular

Introduce aquí el subtítular

Primer servicio

Haz clic aquí y empieza a escribir. Porro quisquam est qui dolorem ipsum quia dolor sit.

Segundo servicio

Haz clic aquí y empieza a escribir. Eos qui ratione voluptatem sequi nesciunt neque.

Tercer servicio

Haz clic aquí y empieza a escribir. Quis nostrum exercitationem ullam corporis suscipit.

AS MUIÑEIRAS DE F. LANDÍN ,POR: Marino Chantrero.


"O tema folclórico é algo que, dende sempre, me apaixona. Sinto mágoa que esa verba tan bonita, expresiva e chea de tan fondo contido teña caído tan baixo, tan baixo ata o caldeiro do lixo, e da poalla, e do cutrismo. Folclore é o mesmo que dicir ciencia, sabedoría do pobo. Hoxe chamamos folclore a calquera cousa despreciable, sen valor ningún. Este deprecio do saber popular auténtico é aplicado sistemáticamente polas mesmas autoridades que o pobo elixe para se gobernar; semella que a caste dos gobernantes é de un sangue nobre, superior, como pasa ca raíña das bellas. Reparade nos programas das festas, cantos millóns van para este apartado da nosa música popular: bandas, grupos de gaitas...? As migallas. E, canto máis grande é o pobo, menos. A máis sangue de raíñas (non quero dicir Zánganos) menos folclore, cultura popular. E, ainda peor, o diñeiro que o noso humilde pobo da para eso vai para fora, como se a nos non nos costase nada manter esa tradición viva da nosa cultura.

Oh, si, amigos, mil perdóns! Ía falar das Muiñeiras."


Don Francisco Landín levaba moi fondo canto acabo de dicir, e mesmo sabendo que o tema é depreciable polos que administran os nosos bens, adicoulle a vida enteira, Por eso din que toleaba!...

Dende estes breves carreiros, cun berro moi forte, a quen me queira escoltar, direi: "TAN CULTURA SON LAS LETRAS COMA MÚSICA"

Por qué non ha de haber tamén un día para a Música? Poñamos unha data na que honremos e fagamos coñecer os nosos xenios musicais, Ou seica estes nos estaban tan loucos coma aqueles!... Que o caso de Pucho boedo de onte, en Redondela se faga a tódolos ventos da nosa terra, a un "Pucho Boedo" cada ano distinto. A música é arte e cultura. Se non hai academia, que se faga. O noso pobo merece que o folclore volva a ser folclore.

Xa sei que ninguén vai escoltarme, pero que bonito sería que, polo menos no noso concello de Marín, se honrase cada ano, polas festas, a un deses homes que tanto fixeron pola ledicia dos demais. A música é a alegría dos pobos e o pobo que non ten músicos é un triste pobo por ser un pobo triste.

Oh si amigos xa. As Muiñeiras de Don Francisco!


A min causábame verdadeira estrañeza que o noso músico non estudara un tema tan fondo. Ás miñas mans tiñan chegado pasarúas a eito, pasodobres, alboradas... Un día de boa maneira, espeteille; "Vostede debe de ter algo contra das muiñeiras porque so teño tres ou catro súas..."

Miroume de esguello e logo dun anaquiño:

-Perdón. Vostede (sempre me dicía de vostede) o que quere son Muiñeiras. Xa! Algunha téñoa.

Apareceron como choiva no noso pais. Hoxe podía engadirme:

-Cónteas, se pode.

Son temas entrañables. Cariñosos topónimos, amigos. Non hai rúa en Marín que non teña a súa muiñeira. Moitos pobos de Galicia en diante, teñeñ recordo na memoria de Landín. Por nomear algún: S. Uxía, O Barco, Ribadavia, Caldas, Cuntis, Ponteareas, A Cañiza... Nomes de prazas, praias...

Cada unha, como é tradicional, so ten un punto e un retrouso co fraseo e a métrica musical impecable. O tema está sempre tan ben tratado e redondeado en cada unha, que supón moitos borradores e horas de traballo. Non son cousa de improvisación, como puidera parecer á primeira vista, dado o número tan grande de obras.

En todas elas hai sempre un leitmotiv popular harmonizado maxistralmente, redondeado con todo cariño e mestría, con finura, con donaire... Landín estandariza para sempre o que debe ser unha muiñeira feita por quen sabe que domina o xénero. Nada falta nin sobra. Todo medido e á medida.


O bombo ten un sitio preciso, sen abusar, sempre comedido. Escapaba cando vía que algún grupo aporreaba o bombo. O tamboril é o instrumento máis mimado nas muiñeiras de Landín ó que lle saca rexistros inusuais e ritmos insospeitados: táboa, aro, parche... son matices onde a baqueta percute arrincando variantes de efectos nunca vistos noutras muiñeiras.


En moitas delas mesmo os ferriños, as cunchas e pandeiros teñen o seu papel escrito. Nada se pode improvisar polo executante - banda de Gaitas-. Moitas destas pezas non ten sentido ningún tocadas por unha soia gaita.

Este ben facer e saber, propio dos grandes sabios. Acada unha sinxeleza proverbial. Calquera neno, con segundo de Solfeo, é quen de interpretar case correctamente unha muiñeira de Landín, aínda que algunhas estean en menor, con tres bemoles.

Abro a carpeta, por onde cadra. Aquí temos: Muiñeira da Rúa de Ribeira Maior. Entra, ó unísono, a primeira ca segunda. Coma se de un trote delicado de cabalo se tratase, a melodía ascende, a contra paso , descansa na terceira (primeira frase) e repite a melodía.

O ritmo é: ta, ta, ta, ta, ta, ta, ta, ta. Somentes algunhas notas difiren na segunda, facendo un leve resalto do compás. A repetición, preceptiva na muiñeira, faina divisi, perfectamente, a duo, en ascendente deica o do tónico para entrar no punto, moito máis elaborado e estudado.

Nos oito primeiros compases tan so hai tres golpes de bombo, moi típicos do mestre; pon po. Este segundo "po" é unha corchea apagada ca man no parche. Estes golpes reforzan ós tres do tambor: ta, ta, ta-ta, ta, ta. Nos oito compases de repetición, todo cambia a normal e danos a idea dun lote excitante e cheo de harmonía.

No punto o leitmotiv popular có que xoga o mestre é o da tan coñecida muiñeira popular de Lugo, ou de Monterrei que nós dicimos de Gondomar: ta, ta, ta, ta- Tan ben traído está e tratado que compre analizar un pouco para decatarse. Landín xoga co leitmotiv é truque e retruque con dúas voces namentres o bombo mantense a expectativa para romper no momento preciso esta liorta das dúas gaitas.

O tamboril, discretamente, fai coma que tanto lle ten e distráese no aro. Outra vez é o bombo quen impón a orde no cotarro e, xa todos xuntos amigos, prolongan a mesma melodía para retrucar de novo e coda.

Todo foi in crescendo sen decatarnos. Todo está no seu sitio ben amañado, sen estridencias modernas, sen ritmos aburridos.

Esta estructura está pensada e traballada ó máis alto nivel dun artista de finura e inxenio nada comúns. E de admirar o cariño, a perfección, o traballo inmenso, a mestría que aparece en obras tan pequenas, baladís, sen importancia.

Poderíase mal pensar: "Por que tanto derroche de inxenio en cousa tan parva e non gastalo nunha Opera...? Ai, amigos para Landín, unha sinxela muiñeira vale máis que unha Opera. Se o ponderamos entender...!

Se o ponderamos entender, seriamos un pobo sabio, culto, listo... Poida que algún día os donos das chaves das nosas arcas se percaten de que esto é cuestión de cartos. Cando as envexas e os desentendidos se acaben, entón poremos os nosos xenios no pedestal do que son merecentes nas alamedas e avenidas.

Entrementres seguiremos a berrar que a música é cultura.


Introduce un texto aquí...

 lagaitamagica@gmx.es
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar