"Unha soa forma de entender a música"

Como forma universal

Nace en Estribela no ano 1974 , sempre amosou un grande interese pola música e dun xeito moi especial pola galega Na actualidade combina a súa faceta de músico nos proxectos mixtura e o grupo de musica tradicional a ghaita do avo coa de mestre de gaita galega.

Dende moi novo empeza o estudo de gaita e música da man de Rogelio Rodríguez ( gaita)e Lorenzo Gago (música ), pasando máis tarde a ampliar o seu estudo de gaita con Francisco Landín Pazos e pasando a formar parte da agrupación folclórica Trompos ós Pés, realizándose máis tarde como gaiteiro solista co grupo Gandaina .e cursa a modalidade de gaita no conservatorio profesional de vilagarcia, obtendo o grado profesional superior en gaita.

Na súa carreira coma músico tradicional son moitas as colaboracións con outros grupos e asociacións como Centenario, Retrouso ...Tamén son moitas as colaboracións con grupos de todo tipo de música como Ansar, Abelaiña,, etc.

Ó longo da súa vida musical imparte cursos de gaita en moitas asociacións galegas e tamén por toda a xeografía española, polas distintas casas de Galicia, nas que vai en representación da Xunta de Galicia.

Felipe Rea dedica moitas horas de lecer a investigar, falar cos maiores de aldea en aldea, buscando na súa memoria melodías, lendas, contos, xogos ou case que todo o referente coa nosa tradición ou costumes, que forman parte dun legado que non debemos esquecer. Na actualidade está mergullado nun traballo sobre a vida e obra de Francisco Landín Pazos e "Os de Marín" .

Como gaiteiro ten participado en certámenes e concursos sendo finalista nos seguintes:

•1996 - 2º premio de gaiteiros solistas "O PEDRÓN " Padrón.

•1997- finalista do VII certame de música folk de Galicia .

•1997- finalista no 30º concurso de gaitas de Ponteareas.

•1998- finalista no 31º concurso de gaitas de Ponteareas.

•2002- 3º premio gaiteiros solistas "CANTIGAS E AGARIMOS "

•2005- 1º premio o mellor grupo de acompañamento no concurso de baile e música

tradicional de Bandeira.

•2011 -1º premio no concurso de cantares de taberna co grupo A GHAITA DO AVÓ en Melide.

•2011- 3ºclasificado no concurso de gaiteiros solista de Xacarandaina a Coruña.

•2014- 1º premio no concurso musicas do verán de Vilagarcia de Arousa.

Ten grabado xa dous discos co grupo QUODLIBET, e ten participado en diversas grabacion de grupos de todo tipo de estilos musicais:

Gaifonia

FENTOS E FROUMA

AVELAIÑA

ANSAR

ETC.......

Cómpre destacar a súa faceta de compositor, sendo grupos de gaitas e bandas galardoados con diferentes premios interpretando a súas pezas, tales como:

Rumba de Estribela, Alborada para César Sampedro, A Cabuxa, A Marreta, Na fonte do Arrabalde, ou mesmo a composición musical para trompeta e gaita "NAUFRAXIO " emitida nun documental de TV,

E recentemente foi grabada a peza POLKA RUMBA PARA PICUIÑA , para un anuncio publicitario do comercio de marin , encargada polo concello.

No ano 2013 foi nominado aos premios opinion de musica galega na disciplina de mellor tema inédito galego coa sua obra musical QUODLIBET.

En Abril de 2014 foi contratado por unha productora catalana ECIB (Escola de Cinema de Barcelona) para poñerlle musica o seu corto de animación :MUSICIDIO, o cal xa foi premiada ata en 38 ocasions en diversos paises do mundo, con mencions especiais a sua musica no festival de cine de Serbia.

Enlace musicidio: https://vimeo.com/176486714

Agora mesmo esta e a faceta mais importante na que esta involucrado polo que e demandada a sua música de todalas partes da xeografía española.e concellos de galicia como :

Santiago de compostela, Marin etc....

Na actualidade e director na academia de música Quodlibet ,na que imparte clases de gaita ,linguaxe musical e composición que compaxina esta laboura tamén en varios concellos e asociacions de galicia o mesmo tempo que é gaiteiro do dúo de gaita e piano QUODLIBET, co cal xa ten tocado nos festivais folk mais importantes do noso pais coma ; Ortigueira ou mesmo grabar dou discos con esta formacion. 

música a carta


como xa hai un bo tempo que estou a recibir encargas de composicións,

decidín facelo público nesta páxina.

Concertos e cursos

Mira a nosa axenda de concertos

9/03/2019

Pazo de Lestrove

mes de abril ( fecha por determinar)

concerto con Aghruo en Barro , no Pazo da crega

mes de maio

concerto con Aghruo no Colexio Amor Ruibal de Barro


 lagaitamagica@gmx.es
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar